Saltar navegación

Son un bicho raro?

Que sabes?

  • Eu xa falo galego, aínda que creo que non o fago moi correctamente. Son un bicho raro?
  • Eu quero aprender e mellorar o meu galego porque aínda me sinto inseguro. Son tamén un bicho raro?
  • Pero canta xente fala galego? Catro gatos neste inmenso planeta!!
  • Está tan mal o galego como din? Hai linguas en peor situación que a nosa?
  • Pódese vivir en galego hoxe en día?

Despois de lermos os seguintes contidos estaremos en condición de responder a estas preguntas e de concienciarnos da importancia e o peso que a nosa lingua ten no mundo.

En galego estou no mundo!

Kalandraka Editora, "Brinca vai!": Meu o mundo é!, Licenza Youtube estándar

Seguro que quedaches co retrouso desta canción. É o seguinte:

"En galego falo, en galego sinto,
en galego canto, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!
En galego leo, en galego escribo,
en galego bailo, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!"
[Retrouso de "Meu o mundo é!"]

E ti que pensas? Podemos estar en galego no mundo? Pode ser o mundo noso en galego?