Saltar navegación

A diversidade lingüística no mundo

Que sabes?

  • Cantas linguas hai no mundo?
  • Están todas nas mesmas condicións? Teñen todas a mesma saúde?
  • Por que se di que algunhas linguas poden desaparecer? No mundo tan tecnolóxico que temos pode acontecer isto?
  • Por que unhas linguas son tan parecidas entre si e outras presentan diferenzas tan grandes entre elas?

Despois de lermos os seguintes apartados poderemos responder a estas pregunta e, seguramente, a outras que nos vaian xurdindo.

A diversidade lingüística

É difícil determinar con exactitude o número de linguas existentes no mundo. 3 000? 5 000? 10 000? Por que non se poñen de acordo os estudosos da materia?

As razóns da dificultade de cuantificar a diversidade lingüística son variadas:

  • Non existe un "censo oficial" das linguas do mundo. Podemos atopar estudos máis ou menos científicos, máis ou menos rigorosos, máis ou menos documentados... pero é case imposible dar un deles por autenticamente definitivo. Citaremos, porén, Ethnologue, unha páxina web con abondosa e contrastada información.
  • Non todos os estudosos coinciden na definición e concepción do que é unha lingua.
  • Aínda hoxe en día se descobren novos lugares e novas comunidades lingüísticas, como en África Central ou na Amazonia.
  • Moitas linguas teñen un número de falantes tan minoritario que están a piques de despareceren por falta de falantes novos.
  • A presión das denominadas linguas internacionais é tan forte que está facendo retroceder e mesmo desaparecer moitas linguas.

Fíxate

Le o seguinte fragmento e reflexiona:

As linguas no mundo segundo Ethnologue

Fíxate nos mapas anteriores. Ethnologue cataloga 7102 linguas no mundo e non todas elas teñen a mesma condición ou estatus.

Fíxate que distingue linguas institucionais, en desenvolvemento, vigorosas, en apuros e moribundas.