En galego estou no mundo!
Bilinguismo e conflito lingüístico
Linguas en contacto

É posible que nun determinado territorio convivan dúas linguas en igualdade de condicións e que os seus habitantes empreguen indistintamente e co mesmo grao de competencia calquera desas linguas. Falamos entón de comunidades bilingües e de individuos bilingües.
Porén, non é a situación máis habitual. Cando a convivencia de dúas linguas nun mesmo territorio non é equilibrada senón desigual, adoita falarse de conflito lingüístico. Esta circunstancia pode dar lugar a dúas consecuencias:
- a diglosia
- as interferencias
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0