| TÍTULO |
Falando enténdese a xente?
|
| ETAPA |
2º Bacharelato. Áreas Lingüísticas. (CCL, CP, CC, CCEC) |
| TEMPORALIZACIÓN |
1º trimestre (18 sesións lectivas) |
| DESCRICIÓN |
Esta Situación de Aprendizaxe (SA) dá inicio ao primeiro trimestre do curso e busca responder á pregunta "Falando enténdese a xente?" a través dun debate e un manifesto común. A SA xira arredor da necesidade de preservar a diversidade lingüística da Península Ibérica, para o que é preciso derrubar os prexuízos lingüísticos e construír unha conciencia lingüística que xere actitudes e comportamentos normalizadores.
Ademais, todos os aspectos lingüísticos verán o seu correlato noutros aspectos sociais como a necesidade de identificar e derrubar prexuízos sexistas nas redes ou como argumentar a favor da igualdade entre homes e mulleres e loitar pola erradicación da violencia de xénero.
As competencias en cuxo desenvolvemento se incidirá especialmente son a CCL, CP, CC e CCEC.
Os obxectivos para o desenvolvemento sostíbel vinculados son o ODS4, ODS5, ODS10 e ODS16.
|
SECUENCIAS DIDÁCTICAS
|
- SD1. E ti que falas? Xira arredor de dúas modalidades do xénero discursivo expositivo: a exposición oral planificada e a presentación informática, como un tipo de texto expositivo, soporte do resultado dunha investigación e apoio da exposición oral planificada. A procura de información centrarase na realidade plurilingüe e pluricultural da Península Ibérica en xeral e do Estado español en particular, contemplada desde unha ollada histórica. Preténdese que o alumnado investigue en pequenos grupos as características, historia e situación social de cada unha das linguas da Península. Búscase tamén que o alumnado se sirva das linguas coñecidas para, a través delas e doutros coñecementos (culturais, literarios, históricos, sociais, etc.), comprender as outras linguas peninsulares.
- SD2. Tés prexuízos? Xira arredor do xénero discursivo argumentativo, evidenciado a través dunha argumentación oral, na que o alumnado deberá mostrar os seus coñecementos sobre estereotipos e prexuízos non só lingüísticos. Preténdese que o alumnado sexa quen de identificar e enfrontar todo tipo de prexuízos, establecendo relacións entre os prexuízos lingüísticos, os prexuízos raciais, os prexuízos relixiosos e os prexuízos sexistas; procedentes dos medios de comunicación, das redes sociais e/ou de viñetas; e servíndose desa argumentación oral para derrubalos.
- SD3. E ti que opinas? Xira arredor do xénero discursivo argumentativo, evidenciado a través dun artigo de opinión, no que o alumnado se pronuncie sobre o papel dos medios na normalización das realidades perseguidas, minorizadas ou invisibilizadas. Preténdese que o alumnado constrúa a súa conciencia lingüística e desenvolva o seu pensamento crítico servíndose da argumentación escrita na defensa da ecoloxía das linguas e a igualdade entre homes e mulleres.
|
PRODUTO FINAL
|
Actividade autónoma. A través desta actividade o alumnado preparará un debate para dar resposta á pregunta presentada inicialmente, "Falando enténdese a xente?". O alumnado poderá escoller como alternativa á súa participación no debate, a lectura desta obra:
- Chimamanda Ngozi Adichie (2012). "Todos teríamos que ser feministas". Traducido por Moisés Barcia (2017) para Sushi books.
Do debate e/ou da lectura nacerá un manifesto, consensuado entre todas e todas, contra a violencia de xénero, ao que se lle dará lectura pública o 25N.
|
PROBA
|
Proba. Ao final da SA, o alumnado deberá confeccionar e realizar unha proba, como tarefa de reforzo.
Dúas son as finalidades que persegue esta tarefa:
- Reforzar as destrezas e os saberes adquiridos ao longo da situación de aprendizaxe, para mellorar o desenvolvemento competencial, especialmente o referido á CCL.
- Practicar o modelo de proba PAU.
|