Skip navigation

FASE OLFATIVA

Lee

Fase Olfativa

BOTA UN OLLO Á IMAXE

Apoyo visual

Fase Olfativa
can ulindo unha flor

A Fase Olfativa é a fase na cal empregamos o sentido do olfato. Esta fase require moita práctica para poder realizar unha cata obxectivamente, un  exercicio que podemos realizar para agudizar o sentido do olfato é cociñar, debido ao gran número de ingredientes que se empregan e que se someten a diferentes temperaturas, dando como resultado a evolución dos aromas dos ingredientes dependendo da súa transformación, non ten o mesmo aroma unha mazá no seu estado natural que unha mazá asada. Pero non debemos esquecer que tamén temos que memorizar os aromas a medida que  facemos esta práctica.

Anatomía do olfato

BOTA UN OLLO Á IMAXE

Apoyo visual

Fase Olfativa

Como podemos observar na imaxe o sentido do olfato está formado polo bulbo, os nervios e o tracto olfativos. Atópase na parte interior e superior do nariz intercomunicado coa cavidade da boca e da garganta. Cando procedemos a realizar a fase olfativa debemos ter en conta onde se sitúa o sentido do olfato, ulindo durante al menos 3 segundos aquel alimento que estemos catanto, para que os aromas cheguen á parte interior superior do nariz.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)